Visita ao petróglifo do Meau


O pasado 19 de outubro achegámosnos á parroquia de Santa María de Luou no concello de Teo, pra coñecer de primeira man os efectos do lume do pasado 21 de agosto no petróglifo do Meau. E ísta unha estación que se sitúa preto do lugar de Loureiro e que aínda non ten sido catalogada. A uns cen metros se sitúa outra estación non catalogada, o petróglifo do Trono da Raíña.

A laxe sitúase no alto dun outeiro nunha zona moi alterada por labores extractivas de cantería. A súa ubicación nunha laxe cunha pronunciada inclinación semella que favorecese que a superficie da rocha non soportase tan altas temperaturas como si se evidencian en afloramentos veciños situados a ras do chan e cunha maior horizontalidade, onde  xa son perceptibles diversas fragmentacións producto da termoclasia.

De todos modos  consideramos que é moi cedo pra descartar os posibles efectos nocivos do lume nos gravados, polo que se fai necesaria unha observación continuada da estación pra analizar a súa evolución nun periodo máis amplo de tempo.

Isto foi co que nos atopamos:
Situación do outeiro

Localización do outeiro

O Meau

Situación da laxe

Situación da laxe

Os motivos

Detalle dos motivos.

Advertisements

One thought on “Visita ao petróglifo do Meau

  1. […] coñecido por nos por ter sido o descubridor de varias estacións no veciño concello de Teo como o petróglifo de O Meau recentemente afectado por un incendio, únense outros novos motivos e tamén novos detalles de motivos xa descritos con […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s