PETRÓGLIFOS DE CORNIDE OU DO RÍO ANGUEIRA

 PETRÓGLIFOS DE CORNIDE OU DO RÍO ANGUEIRA

Os motivos localízanse en dúas laxes moi próximas entre si, próximas a un camiño.

UTM: 29 T 532726 4738701

A estación 1 foi estudada e publicada por Acuña Castroviejo no ano 1969, tendo sido a quinta estación descuberta na Comarca de Santiago. Nela destaca a presenza de ata  sete combinacións circulares con cazoleta central. Na composición varios sucos asocian os motivos unindo as distintas combinacións. A combinación de círculos concéntricos de maiores dimensións xunto coas dúas do borde inferior unidas por estes sucos constitúen o que se pode considerar motivo central do petróglifo. Esta combinación componse de ata cinco círculos concéntricos e dobre coviña central. Completan a composición varias cazoletas illadas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

En canto á tipoloxía destes gravados, Acuña Castroviejo destaca o motivo que o italiano E. Anati denominou “facce oculi”, que é o motivo representado no borde inferior da combinación de maior tamaño.

calco do río angueira 1_de la peña santos

Na estación 2 consérvase unha única e irregular combinación circular de dous círculos concéntricos, o exterior incompleto, cazoleta central e varios sucos de saída. Os motivos máis abondosos neste panel son os zoomorfos contándose un mínimo de oito zoomorfos e algún mais incompleto. O trazo máis destacable desta estación é a presenza de varias escenas de monta, cando menos unha delas sobre un cervo.

15868052160_f62b8373dc_k

Estes motivos posúen gran significación e simbolismo e un tema moi controvertido entre os historiadores principalmente no relativo a súa cronoloxía e análise destas primeiras representacións da práctica da equitación no noso país.

Calco e sección de Río de Angueira 2_R. Fábregas Valcarce_A de la Peña Santos e C. Rdez Rellán

qrcode.14645256

Advertisements

3 thoughts on “PETRÓGLIFOS DE CORNIDE OU DO RÍO ANGUEIRA

  1. Marcos Mogo Quián di:

    de que ano ou época son?

  2. Marcos Mogo Quián di:

    estou facendo un trabalo e non sei se son da idade de ferro ou neolítico

    • Ola Marcos. Na actualidade é opinión maioritaria entre os estudosos considerar a arte rupestre galega como un fenómeno que se inicia a finais do neolítico desenvolvéndose principalmente durante a Idade do Bronce e chegando ata os inicios da Idade do Ferro,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s