PETRÓGLIFOS DE OUTEIRO DO CORNO

PETRÓGLIFOS DE OUTEIRO DO CORNO

Conxunto de 3 estacións situadas preto da paraxe coñecida como Outeiro do Corno, cercana á aldea de Regoufe-Luou.

 

UTM: 29 T 532730 4738368

Na estación 1 aparece un dos gravados máis curiosos e interesantes de Teo. O motivo central está formado por un deseño cuadrangular composto por dous trazos paralelos e un espazo interno máis pequeno dividido por sete liñas horizontais. Na parte superior apréciase unha aliñación de seis círculos simples. Xa fora, ó seu carón, represéntase un puñal coa punta cara abaixo. e nunha situación inferior aparece a figura dun cuadrúpede. Esta iconografía coñecese na Península como “Tipo Peña Tú” polo petróglifo que se atopa no concello asturiano de Llanes. O petróglifo teense dálle nome á variante galega coñecida como “Tipo Outeiro do Corno”. Algúns autores teñen identificado este motivo como a representación dun posible escudo elaborado con materiais perecedoiros.

Na estación 2, situada na parte alta do monte e preto do camiño, aparece un gravado formado por un deseño cuadrangular duns 60 cm. de lado, dividido internamente por liñas verticais e horizontais. No outro extremo da laxe apréciase unha combinación circular moi erosionada composta por tres círculos concéntricos.

Na estación 3 repítese un novo deseño cuadrangular dividido internamente por varias liñas.

Bibliografía:

Lestón, M.: “Catálogo de Xacementos Arqueolóxicos do Concello de Teo, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Xuño – Xullo, 2001. Código no catálogo: GA15082079

VV.AA (OLLARTE) “Os petróglifos do Concello de Teo”. Ollarte: unha mirada ao patrimonio. Ed. Concello de Teo. 2008.

VV.AA (F. Fábregas Valcarce, Ramón; Peña Santos, Antonio de la; Rodríguez Rellán, Carlos) “Río de Angueira 2 (Teo, A Coruña): un conjunto excepcional de escenas de monta”. Revista Gallaecia. Núm. 2011, (30): p. 29-51

qrcode.14645281

Advertisements

One thought on “PETRÓGLIFOS DE OUTEIRO DO CORNO

  1. […] falarnos dunha laxe que, segundo comentaba, tiña gravados semellantes ós do petróglifo teense do Outeiro do Corno I. De inmediato a nova suscitou o noso interese, incrementado pouco despois ó achegarnos a través […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s